A Garda Civil incauta unha partida de roupa falsificada en Sanxenxo
Por Redacción
A Garda Civil incautou unha partida de roupa, supostamente falsificada, nun control selectivo de vehículos na localidade de Sanxenxo.
Segundo informaron fontes oficiais do instituto armado, os feitos sucederon durante a madrugada deste martes no transcurso dun control selectivo de vehículos que estaba a realizar a patrulla fiscal da Garda Civil de Vilagarcía de Arousa, á altura do quilómetro 18, da estrada PO-308, na localidade de Sanxenxo.
Nun dos vehículos inspeccionados, conducido por un cidadán de nacionalidade marroquí e residente na localidade de Arcade, a Garda Civil atopou unha partida de roupa e calzado con etiquetas, supostamente falsificadas, de acreditadas firmas comerciais.
Ao comprobar os compoñentes da patrulla que o condutor do vehículo carecía da correspondente factura de compra, así como da preceptiva autorización das marcas rexistradas afectadas, procedeuse á incautación preventiva de máis dun centenar de pezas, na súa maior parte camisetas, sudadeiras, pantalóns, e 21 pares de zapatillas deportivas, cuxo valor total no mercado pode superar os 7.000 euros.
Ao mesmo tempo, instruíronse dilixencias por un presunto delito contra a propiedade industrial, que, xunto coa roupa aprehendida, serán entregadas no xulgado de instrución de garda de Vilagarcia de Arousa.
Relacionadas:
-
Incautan máis de 3.000 euros en roupa falsificada no mercadiño de Caldas
Por Redacción |
-
Requisan en Sanxenxo máis de 22.000 euros en prendas de roupa falsificada
Por Redacción |
-
Investigan unha muller 'cazada' con roupa con etiquetas falsas valorada en 11.000 euros
Por Redacción |
-
A Garda Civil incauta unha partida de roupa falsificada no mercadiño do Grove
Por Redacción |
-
Incautan 99 prendas deportivas falsas no mercado ambulante de Moraña cun valor de 7.000 euros
Por Redacción |
-
A Garda Civil incauta unha trintena de bolsos falsificados
Por Redacción |
-
Interveñen 428 pezas de roupa supostamente falsificada no mercado do Grove
Por Redacción |