Empezan dúas novas xornadas de folga de autobuses "con todo parado"
Por Oskar Viéitez
"Con todo parado", segundo os sindicatos arrancan este martes dúas novas xornadas de folga de autobuses aínda que, finalizado o curso escolar, o seu impacto redúcese ás liñas regulares.
A estación de autobuses de Pontevedra é para os representantes dos traballadores un fiel reflexo de como está a situación a día de hoxe cun inmobilismo total de vehículos e das posturas que enfrontan ás partes: administración, sindicatos e patronal.
As canles de diálogo oficiais están rotos desde que o pasado sábado día 17 a Consellería de Infraestruturas anulase a reunión tripartita para convocar por separado ás partes.
A Xunta recrimina aos sindicatos o incumprimento dos servizos mínimos, especialmente no transporte escolar. Agora os servizos mínimos están fixados nun 40% no transporte regular.
Relacionadas:
-
Volta á normalidade no transporte de autobuses co conflito aínda latente
Por Oskar Viéitez |
-
Suspenden a folga de autobuses tras un principio de acordo entre sindicatos e patronal
Por Redacción |
-
O BNG reclama a paralización do plan de transporte de Galicia e a apertura dun proceso de negociación
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Os sindicatos non levantan a protesta no transporte
Por Oskar Viéitez |
-
Os piquetes fanse notar na cuarta xornada de paro no transporte
Por Oskar Viéitez |
-
Os sindicatos sinalan un seguimento masivo da folga de transporte e a Xunta abre expedientes
Por Redacción |
-
Comeza a folga do sector do transporte
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada