'Borriquita' pasada por auga na primeira procesión da Semana Santa pontevedresa
Por Diego Torrado
Media hora antes da cita programada a auga empezou a caer insistentemente e ameazou con obrigar a suspender o acto que dá inicio á Semana Santa pontevedresa este Domingo de Ramos. Mirando ao ceo, centos de pontevedreses achegáronse ao ámbito da praza da Ferrería e a igrexa de San Franciscos e finalmente os chaparróns fixeron un alto xusto ás 12.30 horas, permitindo bendición de Palmas e Ramos.
A tregua permitiu comezar e dende a escalinata de San Francisco bendiciuse as palmas e ramas de oliveira dos que sen separarse dos seus paraugas abarrotaban o ámbito dos xardíns de Casto San Pedro e A Ferrería. A unica dificultade para pequenos e maiores foi esquivar as zonas do Paseo de Antonio Odriozola que permanecen pechadas por obras a pesar de que nos dous últimos días os traballadores apuraron a actuación para poder rematala a tempo para os actos de Semana Santa.
Chegaba a hora da procesión da 'Borriquita', coa que cada ano, como en tantas cidades, se recrea a entrada de Xesucristo en Xerusalén, e puido comezar sen problema, pero roldaba as 13.00 horas cando unha tromba de auga obrigou a suspender o percorrido e disolveu á multitude que esperaba a chegada de la'burrita para tocala coas súas palmas e ramos.
Deixou de choer e reanudouse a procesión, se ben cun percorrido máis curto do habitual Finalizou, como estaba previsto, cunha misa na Basílica da Peregrina, pero o ballón xa a deslucira e a asistencia foi moi inferior á que acompañou a bendición de Ramos e Palmas.