Louzán: "Nin me tentou nin me vai tentar a Alcaldía de Pontevedra"
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado
Entra na sede provincial con vinte minutos de retraso e co teléfono pegado á orella. Saúda a todo o mundo polo nome de pila e recibe camiño do seu despacho os recados da súa xefa de prensa e de varios colaboradores. ÿ Rafael Louzán Abal. Ven de ser reelexido presidente do Partido Popular de Pontevedra por quinta vez consecutiva.
Nado en Ribadumia o 21 de novembro de 1967 os seus comezos na política, sempre da man do PP, remóntanse a 1995, cando foi elixido tenente de alcalde do seu concello, onde traballaba como axente notificador, entón xa tiña unha empresa adicada a construir invernadoiros. Ese mesmo ano é designado deputado pola comarca do Salnés e ó ano seguinte asume unha das vicepresidencias da institución. O 12 de xullo de 2003 foi elixido presidente, substituíndo a Manuel Abeledo. En 1998 foi elixido secretario de organización do Partido Popular na provincia de Pontevedra e en maio de 2000 pasou a ser presidente provincial cargo no que continuará, polo menos, ata 2017.
E vostede un home novo -Xa ó fun máis- novo e tamén veterano xa, cunha importante carreira as súas costas. Como cambiaron as cousas dende que entrou na política?
As cousas cambiaron e bastante. No ano 2000 era unha etapa moi ilusionante, as circunstancias eran outras. Agora nada volverá ser igual. Eu síntome con forza, os compañeiros do partido pedíronme que seguira e eu véxome capaz de liderar o partido nun momento extraordinariamente difícil. Difícil tamén para facer política, no sentido de mellorar as cousas en canto ao benestar, calidade de vida e convivencia, desde o ámbito da función pública. Se logramos iso, pouco a pouco, estaremos a facer o que toca e o que debemos. Quero levar a diante este reto.
E persoalmente como foi o seu cambio. Como era aquel Rafael Louzán respecto a quen é vostede agora?
Pois perdín moitas cousas, perdín ata o pelo, pero iso lles pasou a moitos. Son doce anos que me valeron para coller experiencia, coñecer as persoas, as dificultades e problemas da provincia enteira, non só das cidades senón 62 municipios, un millón de persoas. Moitos problemas pero tamén moitas posibles solucións.
A carreira de Louzán está marcada por unha traxedia persoal. Ao ano seguinte de comezar en política o seu primeiro fillo, Rafael, de 9 anos, morreu atropelado diante da súa casa en Ribadumia. Aquilo marcoulle fondamente. Casado desde hai 23 anos con María Teresa Cores, responsable de contidos socioculturais de Novacaixagalicia, o matrimonio ten outros dous fillos, Sara e Manuel.
"Eu onde desfruto é estando en contacto cos cidadáns"
Falando con moitos militantes do partido popular din que vostede neste tempo fixo un partido a súa imaxe e semellanza: E un partido menos de moqueta e máis de pisar a rúa. Que aposta máis polos alcaldes que polos deputados e senadores. Comparte esa análise?
E certo que é un modelo de cómo a min me gusta, como cabeza visible de un equipo.
Eu onde disfruto é estando en contacto cos cidadáns. Agora hai moitos problemas, e aquelas persoas que os abordan de maneira obxectiva con nos, culpándonos incluso, decíndonos: tedes que solucionalo, tedes que facer máis, esas son as persoas que a mín me gustan. Certo é que despois hai os que intentan sacar rédito político dos dramas de moitas familias, empresas e outras circunstancias e miserias, pero eses son os menos.
Este é un partido á medida dos afiliados. Eu intento manter un contacto con eles, visito moito as sedes, vou as reunións, eso requiere dun esforzo persoal moi importante xa que Pontevedra debe ser a terceira provincia de España con mayor número de afiliados: 34.000, e de verdade, con depuracións sistemáticas que se fan semanalmente. Iso foi un reto que conseguimos xuntos, interventores, apoderados, simpatizantes, afiliados, concelleiros, alcaldes, son a columna vertebral deste partido. Ademáis temos 55 sedes abertas de maneira permanente na provincia. Todo eso o puxemos en marcha neste treito.
"Este partido chegou ao seu teito electoral que é gañar en todos os municipios da provincia"
Difícil de superar.
Este partido chegou ao seu teito electoral que é gañar en todos os municipios da provincia. E gañou en todas as últimas convocatorias. Gobernamos en 47 dos 62 concellos. Eso dí ás claras onde estamos, e desbota aquelo de que o PP non era capaz de pactar con ninguén xa que temos 11 gobernos en maioría minoritaria.
Isto esixe un gran sacrificio persoal. E no seu caso, prolongado durante moito tempo. Entre a Deputación e o seu partido, onde queda o Rafael Louzánpai, marido, amigo dos seus amigos?
As persoas as veces somos animais de costumes, e eu fun mal acostumbrado porque antes incluso de estar na política estiven sempre en tódolos colectivos onde había posibilidade de colaborar, colectivos de ámbito veciñal, organización de eventos, no fútbol, no piragüismo, estiven en todo, é a miña vocación, a miña inquietude de facer cousas.
"Teño que pedírlle perdón a familia porque sacrifiquei moito, sobre todo dos meus fillos, de non poder estar con eles"
Despois ao meterme nesto, pois sí aí teño que pedírlle perdón a familia porque sacrifiquei moito, sobretodo dos meus fillos, de non poder estar con eles, teño que pedir perdón a miña muller, incluso aos meus pais e tamén ao grupo de amigos con que me gustaría compartir máis pero non podo. Non podo porque a xente do partido tamén lles gusta que os seus responsables estén ao carón e sintan ese respaldo e eso, que non sempre e entendido por quen ocupa un cargo, requiere moita dedicación, pero para eles é moi importante.
Claro que para un era máis importante estar coa familia, pero neste sentido hai que sacrificar moitas cousas para poder estar nesto. Son doce anos seguidos con intensidade total. Pero eu son unha persoa de cambios e a min tamén me vai a tocar cambiar en calquer momento, porque así é a vida. A política é abrir camiños, ensanchar. E eu creo que contribuín a abrir camiños para incorporar a persoas.
dixo que non vai a estar toda a vida na política. Que ten pensado para logo?
Hai vida máis alá da política. Esto en certa maneira parece que te ten secuestrado, pero eu creo que é moi importante ter esto asumido na cabeza, que pode haber máis alá. Polo tanto haberá máis cousas. Porqué ademáis e importante que veñan máis persoas. Eu no ámbito da Deputación e do partido son a persoa que máis tempo leva, pero con cuarenta e poucos anos que teño agora, creo que estou no mellor momento.
Entre os seus adversarios políticos chama a atención, a boa relación que mantén con BNG de Pontevedra.
En circunstancias normais creo que todos somos persoas moi sensatas, refírome tanto ao alcalde (Miguel Anxo Fernández Lores) coma ó portavoz do Bloque na deputación (César Mosquera). Somos adversarios políticos pero eso non nos impediu nunca facer cousas importantes para a cidade de Pontevedra. Certo é que hai cuestións que nos distancian, e eles dirán o mesmo. No caso do Bloque están falando de cousas coma o soberanismo que eu como cidadán creo que agora preocupa menos porque hai outros problemas antes que iso. Agora, a nivel persoal, si temos que ir a cear xuntos, imos, ou a calquer sitio xuntos, tamén imos. Comparto esa forma de ver con eles, e eles comigo, porque entendemos que os grandes avances que fixemos teñen un destinatario que son os cidadáns de Pontevedra, que é a mellor contribución que poidemos facer. E o día que non esteamos nisto eles valorarán as decisións que tomamos nas institucións que nos respaldaban e en conxunto creo que son as mellores que se tomaron na historia da cidade.
"Este país necesita un Partido Socialista forte porque agora temos que sair todos xuntos"
A relación sen embargo non é tan boa co Partido Socialista.
A verdade e que eles están nun momento coma se estiveran caendo por un barranco e aínda non toparan un sitio onde parar. Non sei que pasará, non son quen para decilo. Pero este país necesita un partido socialista forte porque agora temos que sair todos xuntos, é necesario. Pero o Partido Socialista leva moito tempo enganando de maneira masiva a miles e miles de cidadáns e creo que ó final todo iso lle está a pasar factura.
As alcaldías de Pontevedra e Vigo. Próximos retos?
Non, o reto inmediato e sair desta situación canto antes. E segundo, hai outros retos importantes, as municipales tamén o son pero o teito deste partido está ahí, somos o partido máis votado en Pontevedra e Vigo durante moitísimos anos e polo tanto non hai dúbida de que estamos no camiño, outra cousa é o que pase dentro de dous anos. Pero o importante non é chegar senón manter ese nivel, ese teito.
A última xa. Soñou, pensou, está nos seus planes o de ser candidato pola cidade de Pontevedra?
Non.
Nin lle gustaría?
Non, en ningún momento.
Eu estou moi vinculado coa cidade de Pontevedra. Creo que, no que pudidemos, volcámonos coa cidade, e imos a seguir volcándonos. Está cidade teno todo para ser unha gran cidade a pesar de ser pequena como capital de provincia, por número de habitantes e demáis, pero é unha cidade noble, ten moitísimas posibilidades comparada con outras do resto de España que non teñen a forza que ten ésta, porque ten moitos recursos, desde o punto de vista de atractivo turístico, paisaxístico, etc. E a niña bonita. Eu a esta cidade a sinto así.
Pero esa cuestión a min nunca me tentou nin me vai a tentar. Nin me tentou nin me vai a tentar. Hai persoas moi capaces dentro do Partido Popular en Pontevedra a nivel local e creo que a miña función aquí e outra que é a que estou facendo agora mesmo e da cal síntome realmente ben.