Noite de fogueiras e sardiñas. Así se viviu San Xoán
Por Diego Torrado
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Poio foi, como cada ano, o foco de atención das celebracións da noite de San Xoán na comarca de Pontevedra, pero non faltaron fogueiras, sardiñadas e festas varias en distintos puntos do propio concello e de todos os veciños.
En Pontevedra, a atención centrouse no lume de maiores dimensións que se organiza cada ano, o dos veciños da rúa Eduardo Pondal, pero houbo 107 cachadas por todo o municipio, a maioría, 93, nas parroquias do rural. Ao remate da noite, o Corpo de Bombeiros de Pontevedra asegurou que todas as celebracións se desenvolveron sen ningunha incidencia reseñable que fixera necesaria a súa intervención.
A tranquilidade de Pontevedra foi a tónica xeral de toda a comarca. En Sanxenxo, o servizo local de xestión de emerxencias asegurou que todo transcorreu sen incidencias relevantes nas 255 fogueiras autorizadas e o mesmo sucede noutras localdades con moita tradición vencellada ao San Xoán como Caldas de Reis, segundo Protección Civil.
En Marín, o Concello destaca que tanto a festa organizada polos 'amijos e vesiños' de Cantodarea como a 'Portocelo Beach' foron un éxito. Nesta última calcúlase que houbo 5.000 persoas, con apenas incidentes grazas ao traballo da Policia Local, Protección Civil e a empresa de vixilancia especialmente contratada para o evento. Despois de todas as celebracións, este sábado as praias lucen xa en perfecto estado de limpeza para o seu disfrute polos bañistas.
Pequenos e maiores déronse cita ao redor do lume para espantar o 'meigallo' e seguir todas as tradicións da noite máis máxica e curta do ano, entre as que non faltaron as sardiñas, que xa desde hai días cotizaban á alza nos mercados e foron, xunto ao lume, as protagonistas indiscutibles da noite.
Relacionadas:
-
Poio segue en festas tras unha noite sen incidencias de seguridade polo San Xoán
Por Redacción |
-
En Poio o pregón e a festa están na rúa
Por Diego Torrado |
-
Tráfico reforza os seus controis de alcol e drogas esta fin de semana polas festas de San Xoán
Por Redacción |
-
238 cacharelas iluminarán Sanxenxo durante a noite de San Xoán
Por Redacción |
-
Habilitan cinco zonas de aparcadoiro para as Festas de San Xoán de Poio
Por Anxo Lourido |
-
Medio cento de fogueiras iluminarán a noite de San Xoán en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
A sardiña cotiza á alza por San Xoán
Por Redacción |