Chegado o verán, Dale la vuelta non pecha por vacacións e continúa dando consellos e pautas para vivir no benestar. Iso si, esta vez toca unha pausa para dar resposta ás dúbidas expostas no mail de Dale la vuelta en PontevedraViva Radio: mariadalelavuelta@gmail.com
Así que recollendo esas cuestións sobre programas anteriores, María González expón a idoneidade ou inconveniencia de tomar decisións importantes nos dous primeiros anos dunha relación sentimental; isto é "durante a etapa do namoramento". En relación a ese mesmo programa chegaba outra pregunta expondo como compatibilizar as afeccións e o "ser un/a mesma" cunha relación de parella.
Nese correo electrónico tamén recibimos outra dúbida sobre o anterior Dale la vuelta, dedicado ás Persoas Altamente Sensibles (PAS).
Concretamente a dúbida consistía en se un neno que é altamente sensible, manifesta ou non ese trazo desde a infancia. Son cuestións, que dan lugar a máis explicacións que buscan vivir no benestar.