O Colexio de Médicos esixe á Xunta un "compromiso serio" co Hospital ÿnico de Pontevedra
Por Redacción
O Colexio de Médicos de Pontevedra esixe á Xunta de Galicia un "compromiso serio" co sistema sanitario público e co Hospital único de Pontevedra. Neste sentido, piden que se cumpran os prazos comprometidos e que se teña en conta a opinión dos profesionais para a elaboración do Plan Funcional do Centro.
Nun comunicado de prensa, o órgano colexiado recorda que o presidente do goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, comprometeuse públicamente a iso na presentación do novo Hospital de Pontevedra que tivo lugar en decembro de 2010. Nel, explican, avanzou que no primeiro trimestre de 2011 elaboraríase o proxecto de viabilidade económica e financeira e na primeira metade de dito ano estaría licitado, cun horizonte de funcionamento en 2015.
Ademais, o Colexio de Médicos desexa, así mesmo, expresar o seu defensa do Sistema Público de Saúde, "un dos pilares do Estado do Benestar" que, segundo a Institución, "atópase gravemente ameazado polas sucesivas políticas de recortes indiscriminados, consecuencia entre outras, da nula eficiencia de quen o viñeron xestionando".
O Colexio expresa públicamente o seu rexeitamento a modelos que pretendan introducir a xestión privada nos servizos sanitarios dos hospitais públicos e áreas de saúde; "xa que como se demostrou é económicamente ineficiente, xera inequidades asistenciais e é gravoso para o Sistema Nacional de Saúde".