A mellora da estrada de San Vicente do Grove, máis preto
Por Redacción
A mellora da estrada provincial EP-9106 de San Vicente de O Grove está cada vez máis preto de ser unha realidade. A Deputación de Pontevedra vén de aprobar o convenio que permitirá executar un dos proxectos máis ambiciosos do plan de actuacións 2017-1018 do departamento de Mobilidade provincial para a comarca do Salnés, e que terá un investimento de 542.261,73 euros.
Segundo indicou o deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, a institución provincial asumirá o 80% do custe da actuación, e o Concello de O Grove o 20% restante.
Nestes momentos xa está finalizado o proxecto, solicitado o informe a Patrimonio e conseguidas as cesións necesarias para ampliación da plataforma do vial en algúns treitos.
Os seguintes pasos serán a sinatura do convenio por parte de representantes das institucións provincial e municipal e a autorización do departamento da Xunta. A intención é poder comezar as obras despois do verán e, de non ter entón aínda o informe autonómico, buscarase a fórmula para poder iniciar os traballos nas áreas nas que non haxa elementos catalogados patrimonialmente.
Relacionadas:
-
O BOP publica este xoves licitacións de obras por 22 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |
-
A mellora da estrada ás praias de San Vicente do Grove estará rematada na primavera
Por Redacción |
-
Achega de 160.000 euros para a humanización da rúa Castelao no Grove
Por Redacción |
-
A Deputación destina 4,4 millones de euros á rehabilitación de firmes nas estradas provinciais
Por Redacción |
-
As melloras de seguridade viaria no acceso ás praias de San Vicente do Grove, despois do verán
Por Redacción |