Buscan fórmulas para recuperar Pontus Veteris, "una marca que no podemos perder"
Por Alejandro Espiño
Pontus Veteris foi, durante anos, o evento de maior proxección nacional dos organizados pola Cámara de Comercio de Pontevedra. A crise provocou que a entidade cameral anunciase hai apenas un ano, que a pasarela de moda, a única que se celebraba en Galicia, deixaba de celebrarse tras 28 edicións consecutivas. Pero a nova executiva da institución baralla recuperala "si conseguimos que sea un evento viable".
Así o anunciou este venres o presidente en funcións da Cámara de Comercio, Eduardo Barros, trala entrevista que mantivo co alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, e a concelleira de Promoción Económica, Carlota Román. "Es una marca que no podemos perder", afirmou Eduardo Barros. "Me gustaría recuperarla porque tiene una tradición, una trayectoria y un camino andado que no nos obligaría a partir de cero".
Barros adiantou que "tengo algunas ideas para adaptarlo a los nuevos tiempos", aínda que asegurou que antes de confirmar o seu regreso "hay que pensarlo bien y medir hasta donde podemos llegar". Tras destacar que ao evento "habría que darle una vuelta", suxeriu a posibilidade de que a pasarela se celebrase "por el centro de la ciudad" para que todos os pontevedreses implíquense nun proxecto "que es de todos, no sólo de la Cámara".
ÿ un dos obxectivos que se marca a Cámara de Comercio para 2013 en canto á organización de feiras e eventos se refíre. Neste sentido, Eduardo Barros non quixo aclarar o futuro de certames como Ferpalia ou Pomóvil, aínda que "espero que se puedan celebrar". En todo caso, explicou que ante a escaseza de recursos "debemos ampliar nuestra colaboración con entidades como AEMPE o la Zona Monumental".
Ademais, o presidente cameral destacou que desde a institución traballarase para potenciar o sector empresarial, apoiar ás iniciativas emprendedoras e continuar cos cursos de formación e servizo ás empresas asociadas. Todo iso "agudizando el ingenio" para sortear a crise económica e a caída de ingresos.
Desde o Concello de Pontevedra ofreceuse "toda a nosa colaboración", segundo trasladou o alcalde, Miguel Fernández Lores, "coas propostas que nos trasladen desde a Cámara de Comercio". Con todo, recordou que para organizar eventos que sirvan para promocionar a cidade "ás veces non se precisan moitos cartos", e expresou o seu desexo que a situación "provisional ou de impasse" que vive a Cámara soluciónese canto antes.