VIDEO.- "Duduá duduá", festa cos policías no curso de educación viaria
Por Mónica Patxot
O Pazo da Cultura acolleu a festa de clausura do curso de educación viaria e a entrega de premios dos concursos de cartas e debuxos incluídos no programa.
No acto, ao que asistiu a concelleira de Seguridade Cidadá, Carme da Silva, participaron arredor de 300 alumnos dos dez centros escolares onde están matriculados os gañadores dos concursos.
No programa de educación viaria escolar desenvolvido este ano participaron un total de 940 nenos de 18 colexios de Pontevedra, todos eles estudantes do 5º curso de Primaria.
Tres educadores, axentes do departamento de Educación Viaria da Policía Local de Pontevedra, impartiron dúas sesións teóricas e de debate a cada grupo sobre formación de peón, condutor de bicicleta e ocupante de turismo e autobús escolar. Todos eles fixeron unha práctica de peóns e condutores de bicis e karts no parque infantil de Tráfico de Mollavao e participaron nunha pedalada pola cidade.
Os gañadores dos concursos recibiron de premios bicicletas ou MP5. Foron os seguintes:
- Hugo Gómez Martiñán. Colexio Sagrado Corazón
- Pilar Garnelo Hermida. Colexio San José
- Iago Hermida López. Colexio Doroteas
- Edurne Fajardo Salgueiro. CEIP de Ponte Sampaio
- Lucía Soliño Poceiro. CEIP Xunqueira 1
- Mauro Fernández Krivonosoff. CEIP Barcelos
- Carmen Iglesias Garrido. CPR Salvador Moreno
- Víctor Manuel Rey Míguez. CEIP Álvarez Limeses
- Celia Tobío Campos. Colexio Calasancio
- María Araújo Domínguez. CEIP Campolongo
Relacionadas:
-
Ese día no que educación viaria e diversión teñen cita no Pazo
Por Alejandro Vila de la Fuente & Redacción |
-
VIDEO.- Se bico un mozo que fumou un porro dou positivo no test de drogas?
Por Oskar Viéitez |
-
RADIO.- Vas ao volante, precédeche un ciclista e hai liña contínua: adiantas?
Por Marisa Ciordia |