A fábrica de Conservas Dardo en Vilanova de Arousa xa conta con espazo para expandirse
Por Redacción
O Consello da Xunta aprobou este mediodía do xoves 21 a modificación puntual n.º 15 das normas subsidiarias municipais do Concello de Vilanova de Arousa no lugar de Currás pertencente á parroquia de Caleiro.
A través desta modificación clasifícase como chan urbanizable un espazo de case 13 mil metros cadros clasificado nas normas subsidiarias como chan rústico de protección de costas e de núcleo rural. Nesta zona encóntranse as instalacións fabrís de Conservas Dardo dende os anos 60 que agora se ven legalizadas.
Segundo sinala a Xunta, esta modificación puntual corrixe o erro que supuxo non recoñecer este asentamento industrial, previo á actual lei de Costas do ano 1988, nas normas subsidiarias municipais do ano 97. Dos 12.912 metros cadrados de superficie que ocupa a empresa conservera de peixes e mariscos, preto de 6 mil destínanse a uso industrial.
Antes da tramitación, a empresa e o Concello asinaron un convenio para que a empresa cedese parte da zona para uso público. Agora pode ampliar as instalacións neste terreo unha vez que conta con autorización da Xunta de Galicia.