Retiran unha tubaxe moi deteriorada antes de que chegue o temporal e poida xerar riscos
Por Redacción
A Concellería de Medio Ambente e as brigadas municipais de Marín tiveron un día ocupado, xa que estiveron revisando posibles perigos que con vista á alerta laranxa que comezará esta noite e trae fortes ventos poida provocar algún accidente. Entre eles estaba unha canalización moi deteriorada de recollida de pluviais situada na Rua da Roda, no antigo edificio 'Baladrón'.
Despois de que caise un tramo de tubaxe e que outro tramo quedase pendurado, e cun risco moi alto de desprenderse, o persoal da brigada de electricidade co camión- pluma por precaución tamén aproveitaron e retiraron algunha máis que se considerou que se podía ter desprendido do edificio.
A concelleira aproveitou para ir revisar como transcurría a obra da vertedura no río Loira que estes días foi denunciada pola voceira nacionalista, Pilar Blanco. Agarda que xa quede rematada.
Dende o Concello de Marín amosan a súa "sorpresa de que a ex concelleira do BNG de Medio Ambiente, que cando ocupaba o cargo se lamentaba de que a publicidade destes vertidos facía daño o Turismo en Marín, e mesmo as candidaturas das nosas plaias a bandeira azul, sexa agora a que chama o 112, a prensa, a Policia Autonómica".