O novo xefe da Garda Civil, "preocupado" polas bandas organizadas en Pontevedra
Por Natalia Puga
O Ministerio do Interior nomeou ao coronel Manuel Dabó Soler novo xefe da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra hai apenas dez días, o 2 de outubro, pero ocupa este posto de forma interina dende febreiro. Estes meses servíronlle para unha primeira toma de contacto coa situación da delincuencia na provincia e lévano a sinalar que "las bandas organizadas son un tema que me preocupa".
O novo coronel asegura que as cifras de delincuencia no ámbito de influencia da Comandancia Pontevedra "no están por encima de la media nacional, ni mucho menos" e hai moitas outras zonas de España que "tienen un poquito máss de problemas". Este balance positivo non lle permite baixar a garda e márcase como meta "erradicarla (a delincuencia) o, por lo menos, intentar erradicarla".
Entre estes asuntos nos que ve necesario seguir traballando duro están as bandas organizadas, en especial porque "están muy especializados en todo". "Para robar un piso el delincuente lleva un escaner, un barredor de frecuencia para que no funcionen las alarmas, es decir, se están especializando y especializando medios", pon como exemplo. Un caso recente foi a localización en Cotobade dun grupo criminal de orixe romanesa que chegaba dende Barcelona para roubar en restaurantes de Pontevedra, Ourense e Burgos.
Con motivo da celebración do Día do Piar, patroa da Garda Civil, presidiu o seu primeiro acto oficial na Comandancia Pontevedra e marcou as liñas a seguir no novo cargo. "Pretendo continuar la labor de mis antecesores y seguir mejorando la eficacia en la seguridad ciudadana, la lucha contra la delincuencia y la atención al ciudadano", anunciou
Entre as súas intencións encóntrase tamén, "dentro de las posibilidades", intentar "mejorar las condiciones de trabajo y vida familiar de los guardias civiles". Nesa tarefa, inflúen as cifras do equipo, das que asegura que, na actualidade, en Pontevedra "está suficientemente dimensionada", pero tamén a situación dos cuarteis e instalacións do Instituto Armado.
Nese sentido, constatou que hai "dous o tres na provincia" que "están francamente mal". Entre eles, destaca que o acuartelamento de Vilagarcía de Arousa "está muy mal", pero admite que, debido á crise económica e recorte dos recuros gobernamentais, "a lo mejor no es el momento de intentar arreglarlos o construir uno nuevo".
Dabó Soler tamén sinalou que nos últimos tempos se rexistraron delitios vinculados coa crise económica, como, por exemplo, "el robo famélico o de supervivencia" nos supermercados. Non obstante, sinala que non dan índices moi altos, a ter en conta", senón que "como habían desaparecido, con que haya dos o tres llaman la atención".