Cuntis contratará dez personas para os servizos de lixo e incendios
Por Redacción
O Concello de Cuntis iniciou os trámites para a contratación de dez persoas que reforzarán os próximos meses os servizos de recollida de lixo e incendios. Os anuncios de ambos os procesos foron publicados no Boletín Oficial da Provincia.
En concreto, para o servizo de lixo o goberno municipal prevé a contratación de dous condutores a xornada completa. Será por un período inicial de seis meses, prorrogables outros seis. A retribución mensual bruta será de 1.349,67 euros.
As funcións para realizar serán as propias do persoal asignado ao servizo de recollida de lixo do Concello e o servizo que se presta con camión guindastre ou calquera outra que se poida considerar como propias deste persoal.
O período inicial previsto no que se realizarán estas contratacións irá desde o 12 de xuño ao 11 de decembro deste ano,
Pola súa banda, para as brigadas de incendios prevense cubrir tres prazas de condutores de motobombas, catro peóns e un capataz. Todos eles terán un contrato por obra ou servizo determinado de interese social, entre o 1 de xullo e o 30 de setembro.
A retribución mensual bruta de cada contrato será de 1.004,36 euros para os condutores da motobomba e para o capataz; de 891,92 euros para o peón condutor e de 818,78 euros para os peóns.
As obras e servizos a realizar son as que figuran no convenio asinado entre a Consellería e o Concello, e basicamente consisten en labores relacionados coa prevención e defensa de incendios.
O prazo de presentación de instancias será de 5 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial dá Provincia. As solicitudes ou instancias dirixiranse ao alcalde de Cuntis.
As bases poderán ser examinadas polos interesados no taboleiro de anuncios do Concello así como na páxina web http://concellodecuntis.sedelectronica.gal.
Ademais destes dous procesos, Cuntis tamén abriu a convocatoria para a selección de tres peóns de obras públicas, no marco do Plan Concellos. Para optar a este posto, os interesados deberán estar inscritos na oficina de emprego da Estrada.