A arte pop, protagonista nunha Sétima Feira que se despide ata o outono
Por Redacción
A Sétima Feira despídese ata o próximo outono. E farao cun guateque moi especial e coa inspiración do arte pop, que será o tema central desta edición.
Se o tempo acompaña, Sétima Feira sairá á rúa Serra para celebrar o potencial creativo da cidade. Un bo reflexo desta creatividade serán as actividades infantís, nas que a rapazada da casa traballará a arte pop centrándose nas historietas de cómics reproducidas por Roy Lichtenstein.
A participación nos obradoiros é de balde previa inscrición en setimafeira@pontevedra.gal ou directamente e por orde de chegada o día da actividade.
A xornada estará amenizada polos picadiscos Rhythm & Beer coa súa divertida e improvisada pinchada 100% vinilo, e ás 13.00h dará comezo a sesión vermú a cargo do trío Sabela King and the Hearthbreakers que transportará ao público á década dos 60.
A parte gastronómica deste guateque correrá a cargo da empresa Elefantes de Cacharrería.
Os participantes nesta última Sétima Feira da tempada son Agalice (tapicería), Casal de Creación (enmarcación creativa), Con_Y_Griega (complementos), Degerónimo (mochilas e bolsas), Estilo Puratití (complementos para o cabelo), Lechanelas (téxtil), Marblu (bolsos), Mico Diseño Textil (téxtil), Polo Correo do Vento (contos), Paseloqpase (xoiería e téxtil), Racataplan (téxtil infantil), Sarisvecouture (téxtil), Sweet Paripé (calcetíns), Wild Marmelo (ilustración) e Xiro (jeans ecolóxicos).
Relacionadas:
-
A antiga Bolera reabre a súas portas como tenda efémera da Sétima Feira
Por Alejandro Espiño |
-
Balance "moi positivo" do segundo ano de Sétima Feira
Por Redacción |
-
A próxima Sétima Feira sacará a lingua
Por Redacción |
-
Sétima Feira converte o mercado nun fervedoiro creativo
Por Redacción |
-
Un ano de dinamismo comercial e creatividade coa Sétima Feira
Por Redacción |