Comisiones Obreras entrega á Fiscalía de Menores un informe sobre as "agresións e desfeitas" en Príncipe Felipe
Por Redacción
O sindicato Comisións Obreiras entregou este mércores á Fiscalía de menores o informe "elaborado por técnicos" sobre as "agresións e desfeitas" rexistradas na cidade infantil "desde hai tempo".
Comisións Obreiras vén denunciando en solitario, a "situación insustentable" da cidade infantil, "na que se internan menores tremendamente conflitivos e con graves trastornos psiquiátricos e psicolóxicos, causantes de agresións a outros internos e a persoal educativo", segundo apuntaron.
Nun comunicado este sindicato sostén que esta pasada fin de semana "causáronse desfeitas nas instalacións e existe un perigo máis que certo de que poida ocorrer algo irreparable".
Nas súas escrito Comisións Obreiras volve sinalar á Deputación de Pontevedra por un "auténtico abandono de funcións" porque "non fixo nada -e cando se di nada é nada- por solucionar esta situación, dedicándose a pasarse a pelota coa Xunta, en lugar de actuar e exercitar as súas competencias, como é obrigatorio".
Comisións Obreiras xa propuxo, primeiro que non se admitan internos que non sexan "aptos", e con respecto dos que xa están alí que se habiliten para eles vivendas que están baleiras e que poden reformarse cun pequeno investimento que "está xustificada pola gravidade do problema".
Finalmente advirten que "cando suceda algo irreparable, escoitaremos os discursos enérxicos e as promesas de prontas actuacións que non lles librará da responsabilidade do que suceda, porque están avisados desde hai moito tempo".
Relacionadas:
-
Traballadores do Príncipe Felipe reclaman a continuidade do Centro de Primeira Acollida
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación potenciará Príncipe Felipe: "Non hai ningunha discusión sobre o seu futuro"
Por Oskar Viéitez |
-
Comisións Obreiras esixe explicacións sobre os plans para a cidade infantil Príncipe Felipe
Por Oskar Viéitez |
-
Interveñen cirurxicamente un traballador de Príncipe Felipe tras ser agredido por un menor de 14 anos
Por Oskar Viéitez |
-
CCOO denuncia a "utilización partidista" dos menores internados en Príncipe Felipe para conseguir a transferencia do centro
Por Diego Espiño |
-
Trasladarán ao fiscal xefe un informe coas agresións rexistradas na Cidade Infantil Príncipe Felipe
Por Anxo Lourido |
-
Comisións Obreiras pide que se habilite unha unidade específica no Príncipe Felipe para acoller a menores conflitivos
Por Oskar Viéitez |
-
Reiteran a denuncia de agresións de menores a educadores do Príncipe Felipe
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Comisións Obreiras denuncia ante a Valedora do Pobo o "peloteo" entre a Xunta e a Deputación co Príncipe Felipe
Por Oskar Viéitez |