Tres feridos nun accidente no acceso á AP-9 en Caldas
Por Redacción
Tres persoas resultaron feridas este martes nun accidente de tráfico rexistrado no acceso á autoestrada AP-9 en Caldas de Reis con dous coches implicados.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o accidente tivo lugar no quilómetro dous da estrada EP-8001, a vía que enlaza a AP-9 con Catoira á altura da parroquia de Carracedo, en Caldas.
O 112 Galicia recibía a chamada dunha persoa particular ás 15.30 horas deste martes alertando da colisión. Acto seguido, desde a central do 112 alertouse a Urxencias Médicas e aos Bombeiros do Salnés. Os feitos tamén foron postos en coñecemento de Protección Civil de Caldas e da Garda Civil de Tráfico.
Efectivos de Urxencias Médicas de Galicia evacuaron a tres persoas a un centro sanitario.