O litoral de Rías Baixas en alerta laranxa por mar de vento
Por Redacción
O litoral das Rías Baixas e tamén o da Coruña están este xoves, día 21, en alerta laranxa por mar de vento, mentres que en terra espéranse refachos de vento superiores aos 80 quilómetros por hora.
Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico publicado por Meteogalicia, unha borrasca situada ao Suroeste de Irlanda impulsará cara a Galicia ventos fortes e moi fortes de compoñente Sur. Así, durante toda a xornada do xoves no litoral de Rías Baixas prevese mar de vento por vento do Sur, forza 8, con intervalos de forza 9.
Para os colexios pontevedreses a Consellería de Educación recomenda extremar o control para ver como evoluciona a xornada de mal tempo. Mentres que na Coruña suspendeu todas as actividades que se realizan no exterior dos colexios.
Pola súa banda a Consellería do Mar recomenda suspender as actividades pesqueras e marisqueras como "medida preventiva" nas zonas máis perigosas.
A Axencia Estatal de Meteorología (Aemet) sinala que a entrada deste adverso producirase a partir das 15.00 horas no litoral da provincia de Pontevedra.
A Dirección xeral de Emerxencias informa aos Concellos para que "adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade".