Viaqua certifica o seu compromiso co Medio Ambiente
Por Redacción
Para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente neste 5 de xuño, Viaqua anuncia que consume electricidade 100% renovable nas instalacións que xestiona en Galicia, segundo o certifica o documento emitido pola empresa Enérgya-MV, cumprindo cos requisitos establecidos pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia. Así, e durante o ano 2016, toda a enerxía utilizada por Viaqua procedeu exclusivamente de fontes de enerxías renovables.
Deste xeito ponse de manifiesto o compromiso da empresa co obxectivo de conseguir que o impacto medioambiental da súa pegada de carbono sexa cero o que, contribuíu a unha reducción das emisións de CO2 á atmosfera de 4.929 toneladas no pasado ano.
Ademais de consumir únicamente a enerxía necesaria e de aplicar medidas de eficiencia nas instalacións cara a reducir custos enerxéticos, Viaqua aposta tamén pola mellora da calidade de vida dos cidadáns a través da substitución de vehículos turismos de combustión por eléctricos ou híbridos e na flota industrial os diésel por vehículos 100% eléctricos.