Os carteiros de Pontevedra van en moto eléctrica
Por Redacción
Aos poucos os vehículos impulsados por enerxía eléctrica fanse máis comúns nas estrada, principalmente na cidades.
Sábeno xa os carteiros de Correos en Pontevedra, e é que o servizo de mensaxería entregou tres motocicletas eléctricas ao seu centro operativo da cidade de Lérez, das 200 que adquiriu para toda España.
Desde agora os traballadores poderán realizar a súa repartición neste tipo de moto, con cero emisións contaminantes, aínda que supón polo momento unha pequena parte da frota de vehículos que empregan.
Estas motos eléctricas contan cunha autonomía de 100 quilómetros, alcanzan unha velocidade máxima de 80 quilómetros por hora e soportan ata 175 quilos de carga. Ademais teñen iluminación LED e ata función de marcha atrás. Para a súa carga requiren simplemente unha toma de corrente de 220 voltios, de tipo doméstica.