"Vivir sin permiso", a serie de José Coronado e Álex González, busca figurantes. Queres ser un deles?
Por Alejandro Espiño
Se queres saír como figurante nunha serie de televisión e non tiveches sorte co recente casting de Fariña en Pontevedra, tes unha nova oportunidade. A serie Vivir sin permiso, que rodará Telecinco nas Rías Baixas durante o próximos seis meses, tamén busca extras para aparecer nos trece episodios da primeira tempada da serie.
A cita, nesta ocasión, será no Pazo da Cultura este venres 2 de xuño. O equipo da serie, producida por Alea Media en colaboración con Ficción Producciones, entrevistará os aspirantes entre as 10.00 e as 13.00 horas e entre as 15.00 e as 19.30 horas.
A convocatoria está aberta para todo tipo de persoas, sempre que teñan máis de 16 anos.
Vivir sin permiso é unha serie protagonizada, entre outros, por José Coronado, Álex González, Ricardo Gómez e Alex Monner.
Nela, narrarase a historia de Nemo Bandeira, ao que dará vida o actor José Coroado, un home que se enriqueceu no pasado con actividades ilegais pero que conseguiu blanquear a súa traxectoria ata erixirse nun dos empresarios máis influentes de Galicia, a través do seu importantísima compañía conserveira.
Cando a Nemo, ao cumprir os 60 anos, diagnostícanlle alzhéimer, tratará de ocultar a súa enfermidade para non mostrarse vulnerable ante os seus inimigos. Ao mesmo tempo, pon en marcha o proceso para elixir o seu sucesor, o que provoca unha hecatombe na familia.
O epicentro da rodaxe da serie será o Pazo da Toxeiriña (Moraña), que se converterá na residencia de Nemo Bandeira. Ademais, gravaranse escenas en Vilagarcía, Vilanova, A Illa de Arousa, Vigo, Nigrán, Ribeira ou Santiago de Compostela.
Relacionadas:
-
Vivir sin permiso, a "gran saga familiar" que Telecinco grava nas Rías Baixas
Por Alejandro Espiño |
-
Os narcos de "Fariña" pechan rúas en Vilagarcía
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra convértese en Oeste para os seis meses de rodaxe de "Vivir sin permiso"
Por Alejandro Espiño |
-
Todos queren ser narcos en 'Fariña'
Por Mónica Patxot |
-
Os narcos de "Fariña" xa están en Galicia e buscan extras en Pontevedra para saír na serie
Por Alejandro Espiño |
-
Telecinco rodará nas Rías Baixas a serie "Vivir sin permiso" con José Coronado e Álex González
Por Alejandro Espiño |