Abren o prazo para presentar traballos ao premio de investigación Olimpio Arca
Por Redacción
O Concello de Cuntis decidiu convocar a primeira edición do premio de investigación Olimpio Arca. Está dotado con 1.500 euros e abordará todos aqueles traballos relacionados coa rama das Ciencias Sociais e as Humanidades.
A intención do goberno municipal é conmemorar e homenaxear a figura de quen foi unha personalidade sobranceira da cultura galega polas súas contribucións aos ámbitos da escola, a etnografía, a literatura, así como pola recuperación do patrimonio.
Os traballos, que poden estar relacionados con arqueoloxía, etnografía, historia, filoloxía ou literatura, entre outros, terán que supoñer unha achega orixinal e novidosa ao coñecemento de calquera das disciplinas obxecto da convocatoria.
Os traballos deberán estar en lingua galega.
O xurado dos premios estará presidido por María del Mar Llinares García, profesora de Prehistoria da Universidade de Santiago,.
Contará co investigador Héitor Picallo, con Mercedes Queixas como representante da Asociación de Escritores en Lingua Galega, co director do Museo de Pontevedra, Carlos Valle, con Mónica Arca, filla de Olimpio Arca, con Gregorio Ferreiro como representante da Secretaría Xeral de Política Lingüística e co mestre de xeografía e historia Jesús Martín.
O prazo de presentación dos traballos rematará o 29 de setembro.
Relacionadas:
-
Todo preparado en Cuntis para a terceira edición do premio de investigación Olimpio Arca
Por Redacción |
-
Cuntis volve render homenaxe a Olimpio Arca coa segunda edición do seu premio de investigación
Por Redacción |
-
Xosé Fuentes Alende gaña o premio de investigación Olimpio Arca
Por Redacción |
-
Oito traballos optan ao primeiro premio de investigación Olimpio Arca
Por Redacción |
-
Crean en Cuntis o premio de investigación cultural Olimpio Arca
Por Redacción |