A redada do Vao enmárcase na 'operación Papito', que empezou a investigarse hai tres meses
Por Natalia Puga
A redada antidroga que o luns 18 de marzo deixou cinco detidos no poboado chabolista do Vao é resultado dunha investigación aberta polo Grupo de Tráfico Medio de Estupefacientes da Policía Nacional de Pontevedra hai tres meses, en decembro de 2012 e foi bautizada polos seus responsables policiais como 'operación Papito', segundo puido saber PontevedraViva.
A intervención no Vao chegou unha semana despois de que o mesmo grupo de investigadores detivesen sete persoas naturais de Pontevedra e de nacionalidade colombiana como presuntas autores dun delito de trafico de drogas.
Segundo confirmaron fontes próximas á investigación, estes arrestados na primeira fase do operativo tiñan unha actividade moi intensa de tráfico de drogas ao amiudar, tiñan un auténtico supermercado de estupefacientes no que os clientes podían adquirir substancias as 24 horas do día e no que as persoas naturais de Colombia cuxa actividade foi desarticulada realizaban transaccións cunha "frecuencia considerable".
A redada complicouse porque cando os axentes chegaron ao poboado para deter aos presuntos implicados na rede que operaban dende unha choupana do Vao de Abaixo foron recibidos a pedradas e palazos polos habitantes do asentamento. Esta resistencia derivou en que a Policía Nacional reforzase o despregamento policial inicial resolveuse cun axente dos antidisturbios ferido por unha persoa que finalmente resultou detida por atentado a axente da autoridade.
A Comisaría non ten rexistrada ningún outro funcionario lesionado, pero fontes consultadas confirmaron que se está a realizar unha investigación encamiñada a identificar as persoas que trataron de impedir a actuación policial con pedras e paus e non se descarta que algunha resulte denunciada por desobediencia ou atentado á autoridade.
A redada incluíu o rexistro da choupana na que residen un matrimonio e a súa filla menor de 17 anos detidos. Ademais duns 48 gramos de heroína, 15 papelinas de cocaína e varias bolsas con recortes de droga, os axentes interviñeron varios efectos tan distintos como motoserras, bicicletas ou piscinas inchables, sobre os que tiñan sospeitas de que podían ter unha procedencia ilícita.
As xestións realizadas ata o momento sobre estes obxectos xa deron os seus primeiros froitos e púidose determinar que se trata de aparellos roubados previamente.
Relacionadas:
-
Condenan a 17 anos de prisión a cinco acusados de trapichear na cidade con droga que traían de Madrid
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Deteñen dous veciños do Vao que recibiron a Policía a pedradas na última redada
Por Natalia Puga |
-
ÿ súa esta motoserra? Apareceu nunha redada no Vao
Por Natalia Puga |
-
En liberdade os cinco detidos na redada antidroga que rematou a pedradas no Vao
Por Natalia Puga |
-
A pedradas contra a Policía nunha redada con cinco detidos no Vao
Por Natalia Puga & Diego Torrado |