Máis persoal e obras no primeiro piso da Comisaría, principais demandas do SUP a Ana Ortiz
Por Redacción
O Sindicato Unificado de Policía (SUP) tivo este venres a súa primeira toma de contacto coa subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortiz, desde a súa toma de posesión. O presidente de honra do SUP, José Freire López; a secretaria provincial, Sandra Fernández; e o secretario local de Vigo, Víctor Vasco, trasladáronlle as súas reivindicacións e realizan unha valoración moi positiva do encontro.
Segundo explicou Sandra Fernández, a principal demanda do sindicato é en materia de persoal, pois o persoal "está baixo mínimos" en todas as comisarías da provincia e está amenanzando de forma especial ás de menor tamaño, como Marín ou Vilagarcía de Arousa.
O SUP lembrou á subdelegada que na actualidade hai 62 vacantes no persoal, tendo en canta un catálogo de postos de traballo que, xa de seu, "é deficiente". Dada a situación, reclaman que aumenten as prazas.
O principal destino que consideran que se debe cubrir con máis policías é a seguridade cidadá, pero tamén reclaman maior dotación de persoal para a Unidade de Delincuencia e Crime Organizado (Udyco) e a Policía Xudicial. Tamén lembran unha vella reivindicación do sindicato, a creación dunha unidade de prevención e resposta, UPR.
Ademais do persoal, as súas reivindicacións céntranse nas infraestruturas. Así, lembran que urxe realizar obras na primeira planta da Comisaría Provincial e, a medio prazo, lembran a súa demanda dunha nova sede na capital da provincia.
Segundo indicou Sandra Fernández, Ana Ortiz mostrouse moi interesada nas súas reivindicacións e comprometeuse a realizar xestións para mellorar os problemas de falta de persoa. En relación coa nova Comisaría, trátase dunha actuación na que non ten competencias.