O novo presidente de AJE, Pablo Fernández, quere potenciar a colaboración co sector hostaleiro
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Lucía Pedroso deixaba este xoves 25 o seu cargo á fronte da Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra trasladando a batuta deste colectivo a Pablo Fernández, a quen definiu no acto ante socios e representantes de diversos colectivos, como "unha persoa íntegra, traballadora e con valores moi fortes".
O novo presidente anunciaba que quere chamar a todos os asociados e falar un por un para coñecer as súas críticas e tamén os aspectos positivos que destaquen do funcionamento deste colectivo empresarial.
Fernández indicou que manterá un labor continuista seguindo a liña marcada por Lucía Pedroso e o seu obxectivo céntrase en ofrecer aire fresco procedente da rúa e das empresas.
Neste sentido, durante as súas primeiras palabras á fronte de AJE destacou a importancia que o sector hostaleiro ten entre a mocidade como primeiro achegamento á actividade empresarial. Por este motivo mostrouse disposto a colaborar con este sector cuxo presidente, Víctor Pampín, atopábase no acto.
O novo presidente indicou que tamén seguirán apoiando ao sector comercial da man de AEMPE, asociación á que cualificou como irmá maior e ao sector forestal. Ademais, sinalou que espera que xurdan novas ramas desde as que xurdan actividades económicas.
Actualmente AJE conta con entre 100 e 150 asociados e a idea de Fernández é incrementar o número para poder esixir máis ás administracións e, ao mesmo tempo, mellorar os servizos que ofrece este colectivo.
Relacionadas:
-
Pablo Fernández seguirá a contar co apoio da Deputación durante o seu mandato en AJE
Por Redacción |
-
Obxectivo de AJE: aumentar a supervivencia das novas empresas
Por Oskar Viéitez |
-
RADIO.- Pablo Fernández, un enxeñeiro industrial á fronte dos novos empresarios
Por Marisa Ciordia |
-
AJE Pontevedra lánzase a organizar o primeiro 'Urban Startup Camp'
Por Redacción |