RADIO.- Pontevedra exhibe talento no Reino Unido
Por Marisa Ciordia
Non vai ser en Flandes senón en Londres. Unha delegación de profesores e alumnos do Instituto Sánchez Cantón van poñer unha pica na capital británica grazas ao seu talento.
Por mor da iniciativa dun dos adultos do centro levou a cabo unha videoconferencia cun centro das illas e de aí xurdiu a oferta, por primeira vez na súa historia, uns mozos non británicos participarán nos Premios TeenTech. Un concurso académico de talentos no que se coaron como finalistas estes pontevedreses.
O hándicap que tiñan era conseguir o financiamento suficiente para participar na citada viaxe, pero xa a conseguiron completamente e virá de parte do Concello desta capital. Agora seguen dedicando horas do seu tempo libre en ultimar as maquetas e prototipos dos seus inventos.
Por unha banda un farol que funciona cun panel solar orientable; e outra un dispositivo de emisión e recepción que facilita a audición a persoas con esta discapacidade.
Nestas Conversas na Ferrería de PontevedraViva Radio acompáñannos Benito Búa e Lourdes García, profesores que tutelan estes proxectos; e Carlos Argibay e Nuria Sueiro, dous dos talentos de 1º de Bacharelato e 3º de ESO do Sánchez Cantón.