ENCE retira o ERE e os sindicatos desconvocan a folga
Por Redacción
A últimas horas da tarde deste martes 19, mantíñanse reunidos en Madrid os representantes dos traballadores e da empresa nunha tensa negociación que permitiu dar un xiro radical sobre o expediente de regulación de emprego que a dirección presentara semanas atrás e que provocara unha forte reacción entre o cadro de persoal.
A dirección de ENCE decidiu retirar o ERE nesta xuntanza e, polo tanto, os sindicatos desconvocaron a folga que tiñan anunciada.
As negociacións continúan e a empresa busca levar a cabo unha redución do persoal actual a través de métodos menos traumáticos que o ERE. A dirección formula a posibilidade de acometer prexubilacións, baixas incentivadas e despedimentos voluntarios. Ao longo da xornada deste mércores 20 agárdase que poida chegarse a un acordo sobre un plan para axustar os equipos das distintas factorías de ENCE.
A dirección propuxera un ERE que afectaba a 39 traballadores da empresa de Lourizán dentro dos 144 que estaban previstos nos catro centros da firma.
* Nota aclaratoria: A fotografía de arquivo que acompaña esta información aparece asinada por Antonio Ligero, membro do comité de empresa, porque foi quen proporcionou a PontevedraViva esta e outras imaxes relacionadas coas concentracións dos traballadores dentro da factoría. Dende esta redacción queremos aclarar que, en ningún caso, Antonio Ligero garda relación coas diversas fontes que foron consultadas por este medio para obter esta primicia informativa sobre a retirada do ERE en ENCE.
Relacionadas:
-
Suspenden a folga en ENCE ao reincorporar, durante 4 meses, un posto de traballo en Lourizán
Por Anxo Lourido |
-
ENCE e sindicatos danse un prazo de dous meses para negociar o futuro laboral en Lourizán
Por Redacción |
-
ÿltimo cartucho para os traballadores de ENCE antes de iniciar a folga
Por Redacción |
-
Folga de cinco días en ENCE polos despedimentos
Por Redacción |