Viaqua realizará un censo primaveral de aves no Lérez con motivo do Día Mundial da Biodiversidade
Por Redacción
Viaqua realizará un censo primaveral de aves na Estación de tratamento de auga potable (ETAP) de Lérez durante a xornada do 23 de maio e desta forma celebrará o Día Mundial da Biodiversidade, que terá lugar o luns 22. A actividade inclúese no programa de voluntariado ambiental BiObserva, un proxecto pioneiro e innovador no que colabora co Instituto Catalán de Ornitoloxía (ICO) e Seo Birdlife.
Dentro deste compromiso da empresa coa conservación da natureza, os traballadores de Viaqua, voluntarios adscritos ás plantas, recollerán datos da observación das aves para reportar as observacións e realizar despois estudos nunha segunda fase.
A web de BiObserva recolle os datos das observacións con información para implantar accións de biodiversidade nas instalacións. Este programa de voluntariado ambiental implica ao persoal das instalacións na conservación da biodiversidade local.
Segundo a empresa de tratamento de augas, trátase dun proxecto con múltiples beneficios, desde o coñecemento da propia contorna natural dos centros de traballo por parte dos empregados ata convertelos en axentes crave do desenvolvemento sustentable da súa contorna máis próxima.
O pasado mes de febreiro o persoal voluntario recibía información instructiva necesaria para desarollar este proxecto de ciencia cidadá.