Propoñen cambiar o modelo de macrocanceira do CAAN e crear políticas provinciais contra o abandono animal
Por Redacción
O colectivo animalista Libera! reclama á Deputación de Pontevedra que asuma a dirección real do Centro de Acollida e de Protección de Animais (CAAN) situado na Armenteira (Meis) e dependente da institución provincial. A agrupación sinala que o modelo de funcionamento da "macrocanceira" xera críticas e polémicas veciñais.
Reclaman que os servizos xurídicos e técnicos da Deputación comecen un estudo de viabilidade do modelo para rescatar esta concesión e mellorar a actividade deste centro.
Neste sentido Libera lembra que o debate parlamentario da futura Lei de Benestar Animal de Galicia obrigará, segundo expoñen, ao ente provincial a tomar en maior consideración a aposta por un modelo de sacrificio cero. Isto supoñería un maior investimento en campañas de prevención do abandono, e de fomento da adopción dos animais recolleitos en decenas de municipios, apuntan desde Libera.
Ante esta situación piden a creación dun consello consultivo, do que formen parte entidades alleas ao goberno provincial, coa función de vixiar, fiscalizar e propoñer políticas contra a práctica do abandono animal que, afirman, segue crecendo en Pontevedra.
Relacionadas:
-
Biberón cada tres horas para tres cachorros abandonados ao nacer
Por Redacción |
-
O CAAN recuperou 900 cans na provincia durante este ano
Por Redacción |
-
A Deputación estudará a colaboración con entidades privadas para atender aos cans abandonados
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Activistas propoñen o "sacrificio cero" de animais domésticos
Por Redacción |
-
Inician unha campaña contra o abandono de cans porque "está na túa man"
Por Diego Espiño |