Os profesores, de Bosnia. Os alumnos, de Albania. O instituto, de Pontevedra
Por Redacción
O instituto Luis Seoane de Monte Porreiro é estes días máis internacional aínda do habitual. O centro xa destaca habitualmente polas súas actividades e nexos con outros países e continentes, pero nesta ocasión coincidiron no tempo dous intercambios educativos con alumnado chegado de Albania e profesorado de BosniaHerzegovina.
No marco das actividades programadas para alumnos e profesores, este venres mantiveron un encontro no Concello de Pontevedra co alcalde, Miguel Fernández Lores, e a concelleira de Educación, Carme Fouces, acompañados, á súa vez, polo director do centro, Carlos García, e o coordinador dos programas internacionais, Modesto Pozas.
Segundo explicaron, a comitiva fórmana catro profesores do departamento de Negocios e Administración do College 'Logos Centar' de Mostar (Bosnia-Herzegovina) que viñeron para pasar unha semana de intercambio de experiencias e seis estudantes do departamento de Negocios e Administración da Universidade de Elbasan 'Aleksander Xhuvani' de Albania que teñen unha estadía de tres meses de formación.
Tanto alumnos como profesores forman parte no seu país do ensino universitario, pero o intercambio é posible co Luis Seoane porque imparte ensino secundario e FP, con ciclos superiores que neses países adoitan impartirse na universidade.
O intercambio forma parte do programa PraxEurope, de Erasmus+, que ten como obxectivo mellorar as prácticas metodolóxicas e compartir boas prácticas no ámbito do ensino superior xerando unha base sólida para unha colaboración futura entre as dúas institucións cuando entren a formar te de la Unión Europea.
Relacionadas:
-
O IES Luis Seoane, á final galega do Club de Debate
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O IES Luís Seoane, recoñecido co Premio Nacional Convivencia Escolar
Por Redacción |
-
Calor pontevedresa para unha refuxiada afgá de 107 anos
Por Natalia Puga |
-
Monte Porreiro 'arroupa' ás persoas refuxiadas con mantas tecidas á man
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |