Obras na rúa da Tablada para instalar a rede de pluviais e peonalizar o tramo final
Por Redacción
O Concello de Pontevedra está a acometer obras de mellora no tramo final da rúa da Tablada.
A actuación en marcha inclúe a instalación da rede de pluviais e dunha plataforma única de formigón e lousa pavimentada que converterá este espazo nun itinerario peonil. Até agora tiña beirarrúas e unha calzada moi estreita que dificultaba o o paso dos coches e ademais usábase como aparcamento.
O tramo final da Tablada cara a avenida Fernández Ladreda acoutarase con bolardos co fin de evitar o paso e estacionamento de vehículos e garantir a súa condición peonil. Tamén tratará de mellorarse o alumeado coa instalación dun punto de luz a maiores, á altura dunha parcela non edificada.
As obras teñen un orzamento de 49.000 euros (máis IVE). Están coordinadas polos servizos técnicos municipais e executadas pola empresa Viaqua. Xa en marcha teñen un prazo de execución de un mes.