Sabino Torres será nomeado fillo predilecto de Pontevedra
Por Oskar Viéitez
A Comisión de Réxime Interior, Participación, Persoal e Xustiza do Concello de Pontevedra aprobou este luns, coa abstención de Marea Pontevedra, a concesión da distinción de Fillo Predilecto de Pontevedra, a título póstumo, ao editor, xornalista e escritor Sabino Torres Ferrer, falecido o pasado 23 de maio.
Dáse curso ao acordo do pleno municipal do 30 de maio do pasado ano -celebrado unha semana após do seu falecemento- onde por unanimidade aprobábase a concesión da distinción de honra a Sabino Torres.
Foi a concelleira representante de Cidadáns, María Rey, a que presentou na Xunta de Portavoces un escrito reclamando que se incoe un expediente para que se leve a cabo esta distinción.
Entre os últimos distinguidos por un recoñecemento similar atópase Alexandre Bóveda, cuxo nomeamento como fillo adoptivo en 1999 estivo acompañado pola entrega da medalla de ouro da cidade á familia.
Relacionadas:
-
"Lembranza dun fillo querido, predilecto, desta cidade que tanto amou"
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
Pontevedra entregará este sábado á familia de Sabino Torres o título de fillo predilecto
Por Redacción |
-
Sabino Torres, novo fillo predilecto de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra rende a súa primeira homenaxe ao falecido Sabino Torres
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Pontevedra renderá homenaxe a Sabino Torres coa presentación da revista Olga, o seu último proxecto editorial
Por Redacción |
-
A corporación apoiará o nomeamento de Sabino Torres como fillo predilecto de Pontevedra
Por Anxo Lourido & Diego Torrado & Mónica Patxot |