Un acusado de tráfico de drogas: "por desgracia soy toxicómano y tengo que llevar la droga conmigo"
Por Natalia Puga
"Por desgracia soy toxicómano y tengo que llevar la droga conmigo". Así xustificou José Cardama a acusación de tráfico de drogas que este martes lle levou ao banco dos acusados da Audiencia Provincial de Pontevedra despois de que as cámaras de seguridade do centro comercial de Carrefour en Salcedo o gravasen supostamente trapicheando dentro dun Seat Ibiza e posteriormente a Policía Nacional detivéselle en posesión de bolsiñas con pequenas cantidades de cocaína.
José Cardama sostivo a súa inocencia ante o tribunal da Sección Segunda da Audiencia asegurando que "no le vendía droga a nadie" e que a droga que lle interviñeron no seu coche era para consumo propio. Así, asegurou que tomaba medio gramo de cocaína ao día, que se drogaba dende 1977 e estaba enganchado dende 1983. Nese tempo intentou desengancharse "varias veces e no fui capaz". Si o conseguiu tras a súa detención en maio de 2011 e na actualidade "estoy a tratamiento".
O procesado foi gravado nun coche supostamente trapichendo con droga. El negou tal actividade e xustificou que acudiu a Carrefour para comprar utensilios para o seu vehículo porque "son más baratos". Si recoñeceu que acudiu ao poboado chabolista do Vao a comprar cocaína e que o facía para el e para un home e unha muller amigos seus. O amigo varón declarou como testemuña e recoñeceu que ás veces lle chamaba para pedirlle que lle comprase tamén para el droga, pero que non era para que o acusado sacase beneficios, senón para axudarlle.
Os axentes do Grupo de Tráfico Medio de Estupefacientes da Policía Nacional que levaron as investigacións indicaron que empezaron a seguir a pista da actividade do acusado tras recibir unha chamada do departamento de seguridade de Carrefour con sospeitas de que se dedicase ao tráfico de drogas. Recolleron e analizaron a fita coas gravacións e comprobaron movementos sospeitosos no interior do vehículo, pero un dos policías recoñeceu que na fita se vía "que sacaba algo de la cartera",, pero non se distinguía que.
Si que se mostraron contundentes os axentes sobre a droga que lle interviñeron ao procesado cando foi detido nas proximidades da súa vivenda. Tíñaa "escondida en la consola central, debajo del salpicadero, oculta por dentro", de modo que hubo que hacer un registro exhaustivo e ir a buscar a propósito eso". De feito, o responsable do grupo de investigación indicou que "tuvimos que utilizar herramientas para encontrarla" e que é evidente que a tiña alí para ocultala.
Tiña droga no coche "escondida en la consola central, debajo del salpicadero, oculta por dentro"
No rexistro do seu coche interviñéronlle tamén anotacións manuscritas con distintos nomes e cifras de diñeiro que segundo a acusación se correspondería coas transaciones de droga que realizaba. O procesado xustificou que "lo escribí cuando estaba colgado. A veces incluso escribía poesía".
José Cardama xa foi condenado con anterioridade a dous anos de prisión por un delito contra a saúde pública e polos feitos polos que rendeu contas nesta ocasión ante o tribunal enfróntase a cinco anos de prisión, ao terse en conta a circunstancia agravante de reincidencia.
Tras escoitar as declaracións do acusado, as testemuñas e os policías, a fiscal do caso decidiu reafirmarse na súa acusación e en asegurar que a droga que lle foi intervida no seu coche a "iba a destinar a su distribución entre terceras personas".