O Sexto Edificio do Museo queda pequeno ante a estrea do documental "Paraíso roubado"
Por Redacción
O realizador pontevedrés Lukas Santiago non podía imaxinar unha mellor estrea para o seu documental, Paraíso roubado. Non só encheu o salón de actos do Sexto Edificio do Museo, senón que numerosas -ata unhas duascentas segundo os organizadores- quedaron sen poder entrar para ver este traballo audiovisual ante a falta de espazo.
Paraíso roubado recolle a realidade da parroquia de Lourizán entre finais do século XIX e os anos 60, un período no que pasou de ser o centro neurálxico do turismo de elite e da política galega e estatal ao redor de Montero Ríos a acoller a fábrica de celulosa de Ence.
É o primeiro dunha triloxía, aborda a riqueza natural, paisaxística e económica desta parroquia pontevedresa antes de que no ano 1958 Ence empezase a asentarse na súa localización actual, a loita social e en feminino contra a súa instalación e a forma no que chegou a decrepitude da zona a partir dese momento.
O documental está producido pola Asociación Pola Defensa da Ría (APDR).
O seu presidente, Antón Masa, explicou ao público que non puido acceder á estrea do documental que, en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o Museo, organizaranse novas proxeccións en próximas datas.
Relacionadas:
-
O 'paraíso roubado' de Lourizán gaña proxección internacional e chega a dous festivais de Sudamérica
Por Redacción |
-
RADIO.- "Lourizán era a elite do turismo, o equivalente galego a Santander e San Sebastián"
Por Marisa Ciordia |
-
A APDR mostra nun documental o 'paraíso roubado' a Pontevedra coa chegada de ENCE
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |