Soltan en San Vicente do Mar unha femia de 'golfiño' que varou na enseada do Bao
Por Redacción
A aparición dun delfín varado na enseada de O Bao, na zona pertencente ao Concello de Sanxenxo, mobilizou este luns aos servizos de Medio Ambiente do municipio. Foi sobre as 10.00 horas, momento no que a Policía Local deu alerta do suceso.
O departamento local puxo en marcha de forma inmediata un protocolo de actuación comunicando ademais a situación ao Servizo de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia.
Ao parecer tratábase dunha femia de 'golfiño' común duns dous metros de lonxitude que presentaba feridas superficiais, cuxo orixe foi imposible determinar.
Debido ás características da zona onde quedou atrapada, que dificultaban a súa saída ao mar, os operarios optaron por trasladala a O Grove para soltala no peirao de Pedras Negras.