Positivo balance da primeira edición da Ruta Pincho e Raia
Por Redacción
A primeira edición da Ruta Pincho e Raia, na que participaron ata 16 establecementos de Portonovo, resultou todo un éxito de participación.
Durante as cinco fins de semana do mes de abril, segundo os datos que manexa o Concello de Sanxenxo, servíronse ao redor de 2.000 pinchos, entre os que se puideron atopar propostas culinarias caracterizadas pola creatividade e tamén a innovación.
A incidencia foi maior nos locais de hostalería situados no centro de Portonovo que os que se sitúan nos arredores.
O concelleiro de Turismo e Festas, Jesús Sueiro, defende que esta iniciativa tivo unha repercusión positiva tamén no sector pesqueiro ao promocionar un produto como a raia, directamente vinculado a Portonovo.
Foi precisamente coindiciendo co último acto da Festa da Raia, na lonxa de Portonovo, cando se sortearon os premios entre os participantes na Ruta Pincho e Raia, que debían selar os seus cartóns en polo menos oito locais para poder acceder aos premios.
Os agraciados foron Ernesto Piñeiro Aragunde, cun curso de iniciación piragüismo doado polo Club de Piragüismo Portonovo; José Manuel Torres García, cun curso de fotografía de Ollares de Portonovo; e María Lores Méndez, que levou unha televisón de 43 polgadas.