Moreira aprecia "mucho ruido, mucho marketing y poco compost" no goberno municipal
Por Alejandro Espiño
Para o Partido Popular, o goberno municipal "ni siquiera" é capaz de xestiona o seu "proyecto estrella", o plan de compostaxe. En todo este proceso, os populares ven "indefinición" e unha "falta de rumbo" no BNG.
"Lores se ha metido en un lío del que no sabe salir más que tapándolo con más chapuzas", asegurou o portavoz do PP, Jacobo Moreira, nunha rolda de prensa na que denunciou os "enredos" do goberno coa compostaxe.
Moreira lembrou que dezasete meses despois, o Concello está a pagar por uns terreos na Canicouva, para construír a planta de xestión da compostaxe, "y ni siquiera han cortado la maleza". Neles, gástanse 20.000 euros anuais.
"Llevamos más de dos años sin conocer un proyecto definido sobre el uso de estos terrenos y sin saber nada sobre la construcción de la planta que se iba a instalar allí", explicou o edil do PP, que considera esta conduta como "inadmisible e injustificable".
Ademais, tras varias operacións de compra de composteiros individuais e comunitarios, o Concello "se ha dado conta" de que hai que facer obra civil para instalalos, polo que licitou esta cuestión por separado, dividindo o proceso "para evitar que salga a concurso público", algo do que alerta un informe do secretario municipal.
Trataríase, segundo Moreira, dun "claro fraccionamiento de contrato", aínda que o secretario autorizase esta fórmula.
"Nadie entendería comprar un coche sin ruedas y luego comprar las ruedas aparte", explicou o portavoz do PP, que asegurou apoiar este sistema de xestión pero non a "anarquía" que preside este proceso en Pontevedra.
Na Boa Vila, concluíu, hai "mucho ruido, mucho marketing y poco compost".
Relacionadas:
-
Moreira reduce os logros de Lores a unha "explanada" para autocaravanas e un "banco corrido" na Ferrería
Por Alejandro Espiño |
-
O PP critica a "descoordinación" do goberno do BNG e o descoñecemento dos asuntos que se tramitan
Por Redacción |
-
Ana Pontón gaba o modelo "único e avanzado" de Pontevedra na xornada de mobilidade e compostaxe
Por Redacción |
-
O campus bate récords de produción de compost en menos tempo e máis calidade
Por Oskar Viéitez |
-
Prorrogan o contrato do lixo en Pontevedra, á espera de concretar o plan de compostaxe
Por Alejandro Espiño |
-
A planta da Canicouva tratará os residuos orgánicos da metade dos pontevedreses
Por Alejandro Espiño |
-
VÍDEO.- Monte Porreiro extrae o seu primeiro compost despois de tres meses de reciclaxe
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |