Vecinos de Lepanto denuncian o "abandono" e o "menosprezo" do Concello coa súa rúa
Por Redacción
Na rúa Lepanto, denuncian os veciños, non se fixo ningunha obra de reforma urbana "en máis de vinte anos". E estalaron. Organizáronse para criticar o "abandono" que sofren por parte do goberno municipal, a quen acusa de "menosprezo" cara a este ámbito da cidade.
Farán público este malestar o vindeiro sábado 6 de maio, coa presentación dun manifesto. Será, aseguran, dous meses despois de que os veciños, xunto cos comerciantes da zona, dirixíranse por primeira vez ao Concello para buscar unha solución "sen resposta algunha" pola súa banda.
Todos eles esixen que se solucionen as "anomalías" que presenta a rúa e resolver os problemas de mobilidade que existen tanto para os peóns como para os vehículos.
Os afectados lembran que a rúa Lepanto carece de beirarrúas con "dimensións adecuadas" para garantir a circulación de persoas con mobilidade reducida ou con carriños de bebé e engaden que a iluminación e o pavimento tampouco é o máis idóneo para a seguridade viaria.
Ademais, lamentan que mentres que todas as rúas da súa contorna foron reformadas, en Lepanto o único que se fixo é cambiar a iluminación pública, unha actuación que supuxo unha "menor carga lumínica", o cal entenden é un "risco" para a seguridade dos veciños e dos establecementos comerciais da rúa.
Relacionadas:
-
Os veciños de Lepanto dan un voto de confianza ao Concello, que terá un anteproxecto antes do 21 de marzo
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O Concello, disposto a incluír Lepanto nun próximo ciclo de obras
Por Alejandro Espiño |
-
Os veciños de Lepanto, dispostos a iniciar actos de protesta tras 20 anos sen reformas na rúa
Por Oskar Viéitez & Anxo Lourido |