Un préstamo da Deputación permitirá que A Lama compre un camión do lixo
Por Redacción
Case 125.000 euros. É a contía do préstamo sen xuros que a Deputación de Pontevedra vén de concederlle ao Concello da Lama para poder financiar a compra dun camión de recollida de lixo.
O crédito foi asinado este mércores pola presidenta provincial, Carmela Silva, e polo alcalde da Lama, Jorge Canda.
Esta concesión facilítalle ao concello unha fonte de financiamento ao menor custe posible sen ningún tipo de xuros, comisións ou gastos doutro tipo.
En concreto, A Lama recibirá 124.527,15 euros, préstamo que a vila amortizará en quince anos a razón de 8.301,81 euros anuais.
Grazas a estas axudas, a Deputación de Pontevedra permite que os concellos beneficiarios, os de menos de 50.000 habitantes, poidan afrontar a execución de distintos investimentos grazas a unha partida que no seu total ascende a case 1,2 millóns de euros.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas recibe un crédito sen xuros de case 400.000 euros da Deputación
Por Redacción |
-
A Lama quere recuperar As Colonias de Covelo
Por Redacción |
-
A Deputación concede préstamos sen xuros a Poio e A Lama
Por Redacción |
-
A Lama alcanza a "débeda cero" ao saldar o único crédito que quedaba pendente
Por Redacción |