O Día das Forzas Armadas tamén chegará á Alameda cunha exposición de material da Brilat
Por Natalia Puga
O Día das Forzas Armadas que se conmemora en toda España o próximo 27 de maio tamén deixará a súa pegada este ano en Pontevedra. A Brigada de Infantería Lixeira (Brilat) organizará unha exposición estática de material na Alameda para amosar á cidadanía os vehículos, armamento e equipos de telecomunicacións que utiliza o Exército.
O novo xeral xefe da Brigada, Antonio Romero, presentouse este martes oficialmente aos medios de comunicación nun encontro na base General Morillo de Figueirido no que explicou que, na súa opinión, o cidadán, como contribuínte, "tiene derecho a conocer en qué se gastan sus impuestos, qué es lo que hacen las Fuerzas Armadas", por iso é polo que se optou por organizar esta actividade.
O obxectivo é que a poboación poida coñecer os diversos materiais e mesmo tocalos e coñecer o seu funcionamento, do mesmo xeito que xa fixeron o pasado mes de outubro de 2016. Naquela ocasión, con motivo dos actos do 50 aniversario da Brilat, realizouse unha exposición similar con gran éxito.
Tras as súas primeiras semanas á fronte da Brigada, o xeneral Romero xa tivo oportunidade de coñecela a fondo e asegurou que, a pesar de que xa coñecía o "prestigio" que tiña a brigada tanto a nivel nacional como internacional, sorprendeuno "muy gratamente", en especial, os niveis de preparación e compromiso dos militares e a boa relación que ten a Brilat coa sociedade civil.
O xeneral Romero confía en que "en breve" xa se coñezan detalles da próxima misión internacional da Brigada. No ano 2018 está previsto que asuma dúas misións no exterior, que con case total seguridade serán Afganistán e Líbano. En relación con esta última, o xeneral xefe indicou que "antes del verano, posiblemente sepamos ya algo" de cando será, pois a Brilat entrou xa nas rotacións normais do Exército de Terra tras terminar o seu período como unidade de alta disponibidad da OTAN.
Para esta nova etapa na Brigada, o xeneral márcase como primeiro obxectivo "mantener el nivel de operatividad de la Brigada", que é "moi alto" na actualidade, en especial tras o seu período liderando a Forza Conxunta de Moi Alta Dispoñibilidade (VJTF) da OTAN.
Relacionadas:
-
A Brilat achega á cidadanía o seu traballo cunha exposición na Alameda
Por Redacción |
-
O novo xeneral da Brilat destaca o "buen clima" de colaboración co Concello
Por Alejandro Espiño |
-
Antonio Romero asume o mando da Brilat, "una de las mejores grandes unidades del Ejército"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O xeneral Cebrián despídese da Brilat: "No sé si seré reconocido como pontevedrés de toda la vida, pero yo me siento"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
VÍDEO.- O azor sobrevoa a Alameda no 50 aniversario da creación da Brilat
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
A Brilat vai a Polonia
Por Redacción |
-
A Brilat culmina en Zaragoza a súa prepararación como brigada de moi alta dispoñibilidade da OTAN
Por Redacción |