Convocan a empresas, turismo rural e comunidades de montes para informar das axudas europeas
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade arranca na xornada deste martes co plan informativo para que empresas e emprendedores se adhiran ás axudas europeas do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Pontevedra-Morrazo coa organización dunha dobre charla no salón de actividades do consistorio de Carballedo.
A convocatoria está fixada para as 16.00 horas no caso de empresas ou aloxamentos de turismo rural e, sesenta minutos despois, para as comunidades de montes.
Esta dobre charla pretende informar ás empresas existentes ou ás persoas que conten con algún proxecto para o municipio das distintas posibilidades de subvención que ofrecen os fondos europeos do Plan Leader 2014-2020.
CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE
Por outra banda, unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) visitará nesta mesma xornada a Praza do Concello de Cerdedo para recoller doazóns de sangue das persoas interesadas en colaborar.