A lonxa foi, segundo o Concello, a clave do éxito da Festa da Raia
Por Oskar Viéitez
A Concellería de Festas do Concello de Sanxenxo considera que a elección da lonxa para a celebración da XXII edición da Festa da Raia foi clave no éxito alcanzado por este evento durante os seus dous días de celebración, nos que se rexistraron momentos de ocupación plena das mesas instaladas no recinto, con capacidade para 400 persoas sentadas.
En canto a datos, foron 1.979 as racións despachadas durante toda a fin de semana. A raia en caldeirada foi o prato máis demandado polos comensais, seguida das croquetas, a empanada e a raia frita.
Ao longo do sábado e do domingo foron consumidos ao redor de 600 quilos de raia no recinto da lonxa, ademais de ser un prato moi demandado nos restaurantes locais.
A Festa da Raia despediuse na noite do domingo coa poxa de 10 fotografías doadas por Ollares de Portonovo, que permitiron recadar 420 euros doados á asociación Neen@s.
Relacionadas:
-
Portonovo ultima os preparativos para a XXIII edición da Festa da Raia
Por Redacción |
-
Positivo balance da primeira edición da Ruta Pincho e Raia
Por Redacción |
-
A entrega da Raia de Ouro recoñece a traxectoria do Portonovo SD e homenaxea á xente do mar
Por Redacción |
-
A cociña en vivo e a degustación de raia abarrotaron a lonxa na primeira xornada da festa
Por Redacción |
-
Cinco pratos diferentes para unha Festa da Raia que promete prezos "anticrise"
Por Redacción |