A rendibilidade da vivenda en Pontevedra sitúase no 4,9%
Por Redacción
Segundo un estudo realizado por Idealista, o investimento inmobiliario en vivendas na cidade de Pontevedra, ofrece unha taxas de rendibilidade que triplica a dos Bonos do Estado a 10 anos (1,6%). A rendibilidade que ofrece o investimento en vivendas para poñelas en aluguer sitúase no 4,9%.
Segundo este estudo, que relaciona os prezos de venda e aluguer de distintos produtos inmobiliarios para calcular a súa rendibilidade bruta, o local comercial mantense como o investimento inmobiliario máis rendible. Comprar un local na Boa Vila para alugalo ofrece unha rendibilidade bruta do 6,9%.
Entre as capitais españolas, Lleida é a que resulta máis rendible, cun 7,6%. Con todo, as rendibilidades máis baixas de España son as que obteñen os propietarios de vivendas en aluguer en Ourense (4%), A Coruña (4%) e San Sebastián (4,2%). A continuación sitúase Lugo (4,4%).
Os locais son o produto que maior rendibilidade ten na maioría das capitais. O maior retorno obtense en Málaga (11,5%), e en canto ás oficinas, Guadalaxara presentan o retorno máis zumento de entre as capitais, cun 8,2% de rendibilidade bruta.
No lado oposto atopamos as rendibilidades da Coruña (4,8%). O mercado de oficinas non é tan uniforme como o doutros produtos, polo que resulta imposible obter datos estatísticos de máis da metade de capitais españolas que é o que ocorre con Pontevedra.
O estudo tampouco ofrece o dato da cidade do Lérez respecto da rendibilidade dos garaxes, sinalados como o produto menos rendible para o investidor en moitas capitais como na Coruña, cun 2,8%.