Un festival de música nas rúas e prazas da man do Galegote Rock
Por Cristina Saiz
O Galegote Rock celebrou a súa sexta edición mantenendo a súa liña de promocionar a grupos de diferentes estilos con letras en língua galega.
Nesta edición participaron 13 grupos, destacando o nivel dos grupos e a variedade de actividades.
Na rúa Marquesa actuaron O Fillo do Fiusa DJ (Pontevedra) e Dani Moure (Pontevedra); na Praza de Santa María: Eladio y los Seres Queridos presentaron 'Cantares', proposto para os Premios MIN da música independente; na Praza da Pedreira: Mike Grelo e Curmán (Pontevedra); no alto de San Francisco-Praza de Ourense: Güintervan (Galicia) e na praza Curros Enríquez: Malandrómeda (Santiago de Compostela).
Na Plaza da Pedreira, que foi o centro neurálxico de todas as actividades, actuaron Atrás Tigre (Santiago de Compostela), Chicharrón (Carballo) e Terbutalina (Galicia).