Tráfico está preocupada pola seguridade viaria dos peregrinos
Por Redacción
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortiz, presentou este venres o material informativo da DXT para as persoas que realizan o Camiño de Santiago a pé ou en bicicleta ao seu paso pola provincia, coincidindo coa ponte do 1 de maio no que se espera unha masiva afluencia de peregrinos.
No acto estivo acompañada pola directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro; polo alcalde de Valga, José María Bello Maneiro; a xefa provincial de Tráfico, María Isabel Alonso de Linaje; o xerente da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela e o tenente xefe accidental do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra, Miguel Cruz Trillo.
A campaña contempla recomendacións para os peregrinos, centrándose nos dous modos principais de realizar o percorrido, a pé e en bicicleta, con indicacións específicas en cada caso. Este material está a distribuírse aos concellos polos que transcorre o Camiño de Santiago, albergues e oficinas de turismo.
Consta de dípticos sobre recomendacións de seguridade viaria para a peregrinación en bicicleta, cun primeiro envío de 1.000 unidades en español e 500 en inglés.
Por último, hai carteis informativos tamén con consellos para os ciclistas, cunha repartición de 100 unidades. Existe a posibilidade de ampliar o número de exemplares nun envío posterior.
Entre as recomendacións atópanse, no caso dos camiñantes, que se van en grupo circulen en fila, que leven elementos reflectores na roupa ou mochila ou que camiñen polo lugar adecuado. Polo que respecta aos ciclistas, recoméndaselles que circulen sempre en fila ou en columna de dous en dous ou que sinalicen con suficiente antelación as manobras.
Relacionadas:
-
Revisa as condicións do teu vehículo: a DXT comeza unha campaña especial
Por Redacción |
-
Evitar que se conduza tras consumir alcohol e drogas, obxectivo da nova campaña de Tráfico
Por Redacción |
-
Todo preparado para que 1.400 persoas participen este sábado na Pontevedrada
Por Redacción |
-
Case un centenar de actuacións levarán a Cultura no Camiño a 24 concellos de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
O Camiño de Santiago estará máis vixiado durante a Semana Santa
Por Oskar Viéitez |
-
O Camiño Portugués, foco de discrepancias da Deputación e o BNG contra a Xunta
Por Redacción |