Melloran as condicións de traballo no porto de Santa Cristina de Cobres
Por Redacción
A Consellería do Mar vén de mellorar as condicións de traballo do sector profesional do peirao de Santa Cristina de Cobres a través da execución de diversas reparacións nos pantaláns para a terceira lista.
Para iso, substituíuse a defensa lateral do pantalán e varias táboas e tacos do pavimento. Así mesmo, recolocouse un flotador e subministráronse varios novos de polietileno.
Esta actuación foi executada en resposta ás necesidades trasladadas pola confraría de pescadores de Vilanova e así lle foi trasladado polo presidente de Portos, José Juan Durán, a comezos desta semana ao sector.
O orzamento total foi de preto de 7.000 euros e os traballos atópanse xa finalizados.