Reclaman voluntarios para o Banco de Alimentos
Por Redacción
A Fundación Provincial Banco de Alimentos lanza un SOS para facer un chamamento de voluntarios para poder enfrontarse a máis Operacións Quilo ao longo dos próximos meses co obxectivo de axudar a persoas necesitadas.
Desde esta ONG indican que as familias en crise demandan un maior número de produtos básicos. Desde esta entidade repártense cada día unha media de 4.000 quilos de alimentos e este ano a tendencia está a ser á alza.
Para evitar o desabastecemento dos almacéns da organización tanto en Vigo como en Pontevedra reclámase a participación de persoas voluntarias.
Para iso só é necesario darse de alta a través da web ou chamando polas mañás, de luns a venres ao 986.865.301, para Pontevedra e ao 986.263.022 para Vigo.
Relacionadas:
-
O Banco de Alimentos recolle 4.000 quilos de comida en Pontevedra e Marín no 'Maio Solidario' de Gadis
Por Redacción |
-
O Zampaquilos solidario recolle 7 toneladas de comida
Por Redacción |
-
Doados 15.500 quilos de comida na Operación Quilo celebrada en Pontevedra e Poio
Por Redacción |
-
O Banco de Alimentos incrementou a repartición de comida en Pontevedra e comarca durante 2016
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |