Con todo, cinco anos despois os feitos constatan que non estaba equivocado. Pasaron 200 alumnos polo Garaxe. Actualmente hai máis de 40 aos que hai que sumar uns 30 máis que acoden como actividade extraescolar.
Os alumnos profesionais publicaron libros colectivos, revistas online, exposicións colectivas, tamén publicaron en medios de comunicación; fixéronse con diversos premios; o propio Garaxe Hermético - primeira escola profesional de ilustración e banda deseñada de Galicia - foi recoñecida en Ourense como mellor iniciativa de banda deseñada e promoveron o premio Virxinia Pereira en colaboración co Concello desta capital.
Unha profesión con vantaxes e desvantaxes. Entre as primeiras, a liberdade de decidir onde vives e onde traballas, ou ser o teu xefe e organizar a túa xornada laboral. Entre as segundas que en Galicia non existe unha industria contorna ao cómic. As iniciativas que saíron adiante veñen de man dos propios debuxantes ou ilustradores.
Con motivo do aniversario, prevíronse unha serie de eventos dos fala Da Silva nestas Conversas, e que traerán a nomes recoñecidos do panorama actual para compartir o seu tempo con estes profesionais.