Cambados retira a escultura de Manuel Fraga
Por Oskar Viéitez
A estatua de Manuel Fraga situada nos xardíns do Pazo de Torrado foi retirada este venres por orde do goberno local de Cambados ao entender que se trata dunha imaxe que non cumpre coa Lei de Memoria Histórica.
A decisión suscitou debate no seo do grupo municipal xa que o concelleiro de Cambados Pode, José Ramón Abal, expresou a súa discrepancia fronte á decisión apoiada polo BNG, Partido Socilista e Somos Cambados.
As imaxes publicadas por Gonzalo Sanchez Freiria en Youtube recollen o momento da retirada.
A figura de Manuel Fraga con capa e unha copa de Albariño foi colocada en 2012 polo anterior goberno do PP en homenaxe ao seu nomeamento como cabaleiro da Festa do Albariño.
A escultura, que foi retirada entre aplausos, gardarase no almacén do seu autor, o escultor Lucas Míguez.