Apareceu o tesouro de Escarapote na praza da Pedreira?
Por Mónica Patxot
Que facían 150 nenos na praza da Pedreira este xoves? Durante unha hora, encheron cada recuncho coas súas risas, xogos e ganas de atopar o tesouro de Escarapote. Non podían ser outros que os participantes nos seis obradoiros de expresión dramática, plástica e musical que cada ano coordina Migallas Teatro.
A concellería de Cultura e Migallas celebraron por decimo oitavo ano consecutivo os seus talleres no Pazo da Cultura con 170 participantes e 150 deles sumáronse ao seu xa tradicional actividade 'Á procura do tesouro' na praza da Pedreira como punto e final ás sesións.
Da man de artistas como Maruja Mallo, Goya, Turner e Rothko, durante os últimos meses achegáronse ao mundo da arte e a creación e este xoves, como colofón, enfrontáronse a unha serie de probas para poder localizar o tesouro de Escarapote.
Escarapote puxo a estes piratas todo tipo de obstáculos en forma de xogos populares e tradicionais. Queda por saber se finalmente descubriron onde gardara o seu tesouro.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- "Se alguén che fai tilín e o queres namorar, faille as beiras en galego, de seguro ligarás"
Por Redacción |
-
Goya tamén é cousa de nenos
Por Redacción & Alba Sotelo |
-
A Banda Migallas presenta 'Zaragallada' no Festival da Lingua da Escola Oficial de Idiomas
Por Redacción |
-
'Á procura do Tesouro' pola praza da Pedreira como fin de festa
Por Redacción |
-
Regresa o MiniPazo Club con cinco obradoiros para escolares de entre 4 e 16 anos
Por Redacción |
-
120 piratas á procura do tesouro na Pedreira
Por Redacción |